Telexornal Serán FDS
Telexornal Serán FDS
19/06/2022 20:58 h
Índice de contidos
Titulares
En marcha arestora o escrutinio nas eleccións andaluzas
Maioría absoluta para o PP, segundo a enquisa de GAD3 para Televisión de Galicia
O escrutinio oficial durará catro días e os deputados serán proclamados o 4 de xullo
Á espera de resultados definitivos, os candidatos principais agardan nos cuarteis xerais de cada partido
Macron queda lonxe da maioría absoluta nas lexislativas de Francia, pero Mélenchon non ten opcións de gobernar
Petro e Hernández rompen en Colombia con 40 anos de hexemonía dos partidos tradicionais
O incendio de Zamora dá unha tregua, tras queimar 25.000 hectáreas
O tráfico ferroviario entre Galicia e Madrid foise restablecendo ao longo do día de hoxe
Navarra continúa en estado de máxima alarma polos cinco incendios activos
Poden producirse máis derrubas na ponte da A-6, sometida a obras dende hai un ano
O vicepresidente primeiro da Xunta urxe unha reunión entre o Goberno e o sector da loxística para identificar alternativas de tránsito
A Garda Civil detivo tres homes en Mazaricos por homicidio imprudente e omisión do deber de socorro
Primeira marcha dende a anulación da prórroga da concesión de Costas a ENCE
O Sergas pide que se fixe a data da inxección de reforzo para as persoas de oitenta e máis anos
Segunda xornada de oposicións ao ensino secundario nas catro provincias galegas
Hai hoteleiros da Mariña que xa teñen vendidas o 100 % das súas prazas
Coa chegada do verán rexorde o problema da escaseza de socorristas
A chuvia desdebuxou a festa grande no ano do regreso do Corpus Christi e as fermosas alfombras de flores en Ponteareas
Actualizamos os datos do escrutinio das eleccións andaluzas: co 44 %, o PP obtería maioría absoluta
Rematado o festival O Son do Camiño, esta noite é a quenda do artista portoriqueño Marc Anthony