Telexornal Serán FDS
Telexornal Serán FDS
19/12/2020 20:58 h
Índice de contidos
Titulares
Parte do Reino Unido entra en confinamento total
Notifican dous novos finados por coronavirus este sábado en Galicia
Mellora a presión hospitalaria en Galicia e mantense a tendencia de lixeiro aumento de casos activos
Sanidade insiste en que a mellor opción é cear unicamente coas persoas coas que convivimos
O presidente da Xunta apela á prudencia e ao sentidiño para celebrar as fesas do Nadal
Galicia comezará a vacinación dentro de apenas unha semana, ás 24 horas de recibir as primeiras doses
A conselleira do Mar está confinada por coronavirus, asintomática
A proximidade das festas aumenta a demanda de test PCR
En Valencia, a policía volveu disolver unha festa non autorizada con duascentas persoas no colexio maior Galileo Galilei
O Consello de Ministros aprobará unha rebaixa do 50 % no alugueiro de bares e comercio
Iglesias di que seguirán sendo "cabezóns" co salario mínimo, a reforma laboral e as pensións
Portugal vai premiar cun bono de media nómina e varios días de libranza a case 25.000 profesionais do Servizo Nacional de Saúde
Accidente mortal esta mañá en Quiroga, na Nacional-120, que une este municipio con Monforte
No porto de Laxe desenvolveuse un amplo dispositivo para tratar de localizar o veciño de Baio que falta desde hai dez días
Unha parella de xubilados de Vilagarcía, detidos por levar 450 quilos de haxix nunha autocaravana
Un octoxenario atrinchéirase en Oleiros e os seus disparos feren un axente da Garda Civil
Ameaza un taxista cunha machada e cunha motoserra en Cee
Detido un home en Barcelona por comercializar ilegalmemente con armas de guerra
Dúas mulleres morreron nas últimas horas en España a mans dos seus propios fillos. Unha en Vinarós, Castelló, e outra en Oviedo.
As vendas de lotaría de Nadal caeron un 30 % tamén en Galicia
Un hostaleiro de Ferreira que perdeu uns doce décimos de lotería conseguiu recuperalos despois de apareceren nun colector de papel
Sober conta cun belén de madeira feito por un veciño centenario, que dedicou tres anos a tallar as máis de cen figuras que ten
A Real Filharmonía de Galicia actúa en Ourense tras facelo esta semana en Santiago e Ferrol