CRTVG

Buscar

Telexornal Serán con lingua de signos

Telexornal Serán con lingua de signos

18/10/2021 21:30 h

Índice de contidos

00:00 Titulares do 'Telexornal serán'
08:30 A Xunta aproba os orzamentos de 2022
10:50 A Airef avala a previsión de crecemento que recolle o proxecto de presupostos para 2022 pero dubida da de 2021
11:12 Derradeiro adeus ao conselleiro Valeriano Martínez na catedral de Santiago
11:45 O Goberno dá por feito que haberá que pagar por circular polas autovías
13:01 O Goberno anunciou que as persoas que queden sen ingresos non terán que esperar un ano para solicitar o ingreso mínimo vital
13:21 O prezo da luz baixa un pouco mañá tras o luns máis caro da historia
15:22 Os salóns de peiteado volven saír á rúa para pedir que o Goberno inclúa nos presupostos xerais do Estado a redución do IVE ao 10 %
16:59 Pedro Sánchez reuniu por primeira vez a executiva do PSOE, saída do congreso federal desta fin de semana
17:34 Gonzalo Caballero acusa a Valentín González Formoso de desertar do partido ao non acudir ao mitin central da Coruña nas xerais de 2019
18:15 O líder do Partido Popular desconfía da moderación que Pedro Sánchez abandeirou no comité federal
18:56 O exvoceiro do PSOE no Congreso, Antonio Hernando, será o futuro director adxunto do gabinete da Presidencia
19:29 Arnaldo Otegi di que lamenta por primeira vez o dano causado ás vítimas da banda terrorista
21:28 O Senado rexeitou a moción do PP para instar o Goberno a crear unha Fiscalia para investigar actos de enaltecemento do terrorismo
22:30 Os servizos xurídicos do Congreso din que o deputado de Podemos, Alberto Rodríguez, non ten porqué deixar o seu escano
23:02 Dimite o alcalde de Portomarín, o popular Juan Serrano, tras dez anos á fronte do Concello
23:26 Galicia inicia hoxe a campaña de vacinación contra a gripe
25:53 Galicia abandona esta semana o estado de emerxencia sanitaria, tras unha evolución da pandemia aínda mellor do que se esperaba
27:25 A vacina da covid poderase administrar xunto coa da gripe e as de outras enfermidades pero en diferentes partes do corpo
28:00 A Axencia Europea do Medicamento comeza a estudar o uso da vacina de Pfizer contra a covid en cativos de entre cinco e once anos
29:00 Falece o exsecretario de Estado dos EUA Colin Powell por complicacións da covid
29:34 O Supremo confirma a condena á Manada por un delito de abusos a unha rapaza na localidade cordobesa de Pozoblanco
30:01 A lava non chegará hoxe ao mar na Palma
31:45 MeteoGalicia vixía a posible chegada da nube tóxica do volcán da Palma a Galicia
33:04 Dous veciños de Vilagarcía están detidos no marco da última operación contra o narcotráfico en que se apresaron máis de cinco toneladas de cocaína no medio do oceáno Atlántico
36:02 Un home de 63 anos faleceu nun aparatoso accidente de tráfico en Teo
37:36 Un condutor circula en dirección contraria pola A-55 en dirección a Vigo
38:10 A escaseza de camioneiros provocou que se disparara a demanda nas autoescolas para preparar os exames de condución de vehículos pesados
40:25 Os veciños de Melide iniciaron unha campaña para frear a demolición de dúas vivendas
41:59 Nova chamada de atención dos colexios sobre o acceso dos menores a contidos violentos
43:45 Preocupación polos posibles efectos da prohibición da venda de mascotas en tenda
45:45 Medra a demanda de adestradores ante os problemas de comportamento das mascotas derivados da pandemia
47:31 Coñecemos as opinións de polbeiras e clientes sobre as palabras de Jane Fonda contra o coinsumo de polbo
49:13 A gastronomía galega, moi presente no Salón Gourmets de Madrid
50:57 O santiagués Jorge Díaz Borreguero, mellor cortador de xamón no Salón Gourmets
51:32 As perspectivas son malas para os mariscadores da Arousa no inicio da campaña de libre marisqueo
53:03 Mondoñedo celebra o día grande das San Lucas
54:08 O tempo
55:59 O TSXG avala o plan reitor das Illas Atlánticas
56:39 Chega a Vigo un buque escola británico que vai participar na regata Iacobus Mari, unha recreación da viaxe por mar do corpo do Apóstolo Santiago
58:13 Vigo repetirá a experiencia da cabalgata de Reis estática, pero tamén a fará dinámica
58:46 O CSIC analiza os nove aneis milagreiros atopados en Santo Estevo de Ribas do Sil
01:00:43 Faleceu en Madrid Concha Márquez Piquer
01:01:16 Despedida

Atopar capítulo por: