Telexornal Mediodía con lingua de signos
Telexornal Mediodía lingua de signos
30/01/2023 14:30 h
Índice de contidos
Titulares do 'Telexornal mediodía'
O Goberno traballa xa nunha reforma da chamada lei do "só si é si", para evitar que máis agresores sexuais vexan reducidas as súas condenas
A lei do "só si é si" beneficiou 278 condenados por agresións sexuais
O detido esta fin de semana por unha agresión sexual nun pub da Coruña vai pasar a disposición xudicial nas próximas horas
O produtor de cine Javier Pérez Santana quedou en liberdade con cargos pola agresión sexual que denunciou unha actriz na festa dos Premios Feroz
O avogado de Dani Alves presenta hoxe o recurso para pedir a liberdade provisional do futbolista
Dimite como deputado o histórico do PSOE Odón Elorza
Maroto nega que vaia haber cambios xa esta semana no Goberno
As bases de Esquerra apoian maioritariamente a vía Montenegro para un referendo independentista en Cataluña
Pedro Sánchez viaxa pasadomañá a Marrocos para un cumio de alto nivel en Rabat
Os prezos repuntan en xaneiro despois de cinco meses á baixa
O Goberno considera positivo ese dato avanzado da inflación de xaneiro
Feijóo di que a suba dos alimentos e do gasto da vivenda complican a vida das familias, e pide máis medidas para freala
Planas cre que o prezo do aceite se vai estabilizar, e descarta máis rebaixas nos impostos
España pide en Bruxelas máis axudas para a produción agraria, que compensen o encarecemento dos fertilizantes
Os axentes sociais e o Goberno volven sentar mañá a negociar a suba do salario mínimo
O Goberno galego pon en marcha un plan de choque para evitar derrubamentos e outros danos nas estradas polos efectos dos temporais
O BNG insiste na necesidade do corredor atlántico ferroviario
Normalidade nos aeroportos de Alvedro e Peinador, no primeiro día da folga de controladores aéreos
Os médicos do Sergas reúnense en asembleas para decidir se fan folga
O Grupo Popular lembra que a Xunta incrementou os orzamentos de Atención Primaria en 310 millóns de euros nos últimos 5 anos
As máquinas para o tratamento do cancro que doou Amancio Ortega á sanidade pública non funcionarán ata dentro de tres anos
O líder dos socialistas galegos pídelle á Xunta aumentar os orzamentos en investigación
A Fiscalía pediu o ingreso en prisión sen fianza do presunto autor dos ataques de Alxeciras
Rematou o xuízo polo crime do neno de 3 anos presuntamente asfixiado en Santiago a mans do seu tío
Once detidos no que vai de mes polas pelexas en torno ao ocio nocturno en Lugo
Un home de 60 anos morreu esta mañá nun accidente en Manzaneda
As infraccións que cometa un peón poden supoñer multas de ata 1.000 euros
Galicia volveu espertar cuberta de xeada e con case -8 graos en Calvos de Randín
O sol convida a pasear pola praia
Xaneiro vaise despedir cunha suba de temperaturas máximas, pero tamén con importantes xeadas no norte da península
Todo Portugal, en aviso polo frío
Baixamos á mina de lousa de Carballeda de Valdeorras, a maior do mundo
O cocido é máis caro que hai un ano
O tempo
Filipe VI fai hoxe 55 anos
A TVG estrea a serie 'Merlí'
Despedida