CRTVG

Buscar

Telexornal Mediodía

Telexornal Mediodía

13/11/2023 14:28 h

Índice de contidos

00:00 Titulares do 'Telexornal mediodía'
05:39 O pleno para investir a Pedro Sánchez presidente do Goberno celebrarase este mércores e o xoves
06:10 A lei de amnistía poderá beneficiar unhas 400 persoas e afectaralles aos casos penais, pero tamén aos contables e administrativos
08:34 O Partido Popular volve chamar os cidadáns a manifestarse na rúa contra a amnistía
10:18 Pasan a disposición xudicial os tres detidos na manifestación contra a amnistía na Coruña
10:42 Rueda pídelle a Pedro Sánchez que reflexione e escoite as voces en contra da amnistía
11:24 O Partido Popular quere que o debate sobre a amnistía chegue ao Parlamento Europeo e ao resto de institucións comunitarias
12:34 O presidente do Consello Xeral do Poder Xudicial, Vicente Guilarte, considera que a norma ataca directamente a independencia dos xuíces
13:18 Un despacho de avogados coruñés é o primeiro de Galicia que se suma ao manifesto contra a posible revisión parlamentaria das decisións xudiciais
13:54 Preocupación entre os empresarios polo pacto entre PSOE e Junts
14:15 A Xunta cre que a transferencia de Costas a Euskadi polo pacto de investidura co PNV é un agravio para Galicia
15:02 O Partido Popular de Galicia pídelles ao BNG e ao PSdeG que non apoien esta investidura e que escoiten o clamor das rúas en contra da amnistía
15:40 Podemos insiste en que quere intervir no debate de investidura
16:10 A idade de xubilación vai subir o ano que vén ata os 66 anos e 6 meses no caso dos que cotizaran menos de 38 anos
18:41 O subsidio do paro irase reducindo progresivamente se os que o cobran non fan unha busca activa de emprego
20:28 Nace Recursos de Galicia, unha sociedade público-privada que incentivará proxectos con enerxías renovables que se traduzan en beneficios para os galegos
23:03 Ence súmase desde hoxe á Alianza Galega polo Clima promovida pola Xunta para loitar contra o quecemento global
23:17 A Unión Europea adopta hoxe as novas normas de control pesqueiro
25:21 Alberto Varela, o alcalde socialista de Vilagarcía, repetirá previsiblemente como presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias
26:08 Os bombeiros forestais concentráronse esta mañá diante da sede da administración autonómica
26:23 Ana Pontón deu un paso máis para facer oficial a súa candidatura á Presidencia da Xunta
26:51 A petroleira Cepsa entra de cheo no combustible de baixo custo coa compra da maior cadea do sector
27:33 Os traballadores de Renfe din que detrás dos atrasos están a falta de persoal e de trens adaptados ao Eixo Atlántico
29:52 Comezaron a saír de Gaza os primeiros cidadáns hispano-palestinos
30:43 Os franceses renden homenaxe as vítimas dos atentados xihadistas do 13 de novembro de 2015
31:14 Declaran o viúvo da vítima e tamén a muller do procesado polo crime de Oza-Cesuras
32:58 Comeza o xuízo contra o acusado de matar a coiteladas o hóspede dun hostal de Mondariz en 2021
34:21 Senta no banco dos acusados o home que supostamente tentou asasinar con ácido dúas mulleres en Málaga en 2021
34:47 Hoxe fai xusto un mes do incendio en que morreron unha nai e os seus tres fillos nun edificio ocupado de Vigo
36:34 Daniel Sancho declárase non culpable do asasinato premeditado do cirurxán Edwin Arrieta
38:07 A Coruña e Pontevedra, en aviso por chuvia
39:51 Islandia está en estado de emerxencia pola inminencia dunha erupción volcánica
41:18 O Etna ilumnina a noite siciliana coa súa actividade máis recente
41:40 Crise de Goberno no Reino Unido
42:39 Esténdese a todas as áreas sanitarias de Galicia o cribado de cancro de colo de útero
44:34 As tendas IKEA incorpóranse á Tarxeta Benvida
45:11 Xoán Carlos de Borbón volve este mes a Galicia
45:33 O tempo
46:53 A basílica da Sagrada Familia está de celebración
47:12 'Saudade de ti', esta noite na Televisión de Galicia
48:19 Falece a xornalista Rosa Martínez Rivada

 

Atopar capítulo por: