Telexornal Mediodía
Telexornal Mediodía
13/03/2023 14:30 h
Índice de contidos
Titulares do 'Telexornal mediodía'
As bolsas de todo o mundo tremen contaxiadas polo colapso de dous bancos nos Estados Unidos
O afundimento dos bancos estadounidenses Silicon Valley e Singnature Bank leva o medo aos mercados internacionais
A Comisión Europea subliña que a presenza de Silicon Valley é limitada en Europa
Os 27 analizan a evolución da economía europea na xuntanza do eurogrupo
Fedea cre que a reforma dos pensións que propón o Goberno condena o sistema a números vermellos crecentes
O PSOE di que o acordo sobre a lei de vivenda está preto, pero Podemos acúsao de responder a intereses inmobiarios
Pedro Sánchez prepara esta semana a súa crise de Goberno para substituír a Carolina Darias e Reyes Maroto
A Audiencia de Sevilla abre a porta a que o expresidente Griñán ingrese en prisión e reciba alí o tratamento médico que precise
A alcaldesa de Barcelona, Ada Colau, declarou como investigada por presuntas coaccións a un fondo de investimentos
Miguel Ángel Revilla declarou ante a Fiscalía en calidade de testemuña na investigación aberta por presuntos amaños en contratos de estradas
Reúnense en Vitoria os xefes dos gobernos autonómicos de Galicia, Asturias, Cantabria e o País Vasco
Rueda visita Barakaldo, unha localidade vasca que chegou a ter un 13 % de galegos no censo
O BNG pídelle ao Goberno central que retire o plan da eólica mariña
Os socialistas galegos piden tranquilidade ante o novo plan, e o PPdeG avoga por aproveitar o potencial da eólica mariña sen prexudicar a pesca
A Alianza Galega polo Clima conta desde hoxe cunha nova empresa que se compromete a loitar contra a contaminación
O prezo dos ovos dispárase nos Estados Unidos, e aumenta o contrabando desde México
A escaseza de porco repercute no prezo dos embutidos
O Goberno portugués investiga os supermercados pola suba dos prezos
Inditex conta con bater o récord de beneficios
Concentración de protesta no cárcere lugués de Bonxe tras a agresión que esta fin de semana sufriu un funcionario
O acusado polo triplo crime de Valga pediulles perdón ás familias das vítimas
Detido un condutor que circulou en sentido contrario pola AP-9 e bateu contra cinco coches
Novo accidente na A-52
Atopan un narcosubmarino na Arousa
Os refachos de vento superan os 130 quilómeotrs por hora nalgúns puntos nunha nova xornada de temporal
A acné é a causa máis frecuente de visita aos dermatólogos
As casas niño e as casas do maior, dúas iniciativas pola conciliación no rural
O papa Francisco fai unha década de pontificado
O tempo
Despedida