Telexornal Mediodía
Telexornal Mediodía
04/08/2022 14:30 h
Índice de contidos
Titulares
Os investigadores confirman que o incendio de Verín é intencionado
A evolución do incendio de Arbo é favorable
Se nos incendios se pon en risco a vida das persoas, a condena aos pirómanos pode chegar aos 20 anos de prisión
O presidente Rueda fai un chamamento á colaboración dos cidadáns para dar cos culpables de provocar incendios
O Consello da Xunta aprobou tres acordos en materia de política social que suman un investimento de case 37 millóns de euros
O Goberno galego tamén aprobou un investimento de 5 millóns de euros en axudas para emprendedores
Mensaxe do PSOE ás comunidades sobre o plan de aforro enerxético. Dilles que se apreciaron falta de diálogo por parte do Goberno haberá que solucionalo. Pero que o decreto teñen que cumprilo
O PP acusa o Goberno de impoñer as medidas sen diálogo e pedir sacrificios á xente mentres eles non fan ningún. E dinlle a Sánchez que está a tempo de rectificar e consensuar o plan.
O presidente da Xunta reitera que Galicia vai cumprir as normas de aforro enerxético. Con todo, Alfonso Rueda pídelle ao Goberno que lles aclare ás comunidades como se van facer os controis.
Os comerciantes e os hostaleiros pídenlle ao Goberno que consensúe con eles as medidas de aforro enerxético.
A suba dos prezos estraga a economía das familias, especialmente en España, segundo os datos da OCDE
O Goberno de Pedro Sánchez e Talgo acúsanse mutuamente do atraso na entrega dos trens que van permitir a chegada da alta velocidade ás principais cidades galegas
Rueda quere que o Goberno diga cales son os prazos para a chegada dos trens Avril a Galicia
Alfonso Rueda anunciou que a Xunta vai poñer en marcha unha plataforma tecnolóxica para animar a usar o transporte público
O prezo dos carburantes volve baixar por sexta semana consecutiva
Novo revés para a industria do mar galega, á que o Goberno central deixa fóra dos fondos europeos de recuperación
Na Coruña a policía investiga un posible caso de submisión química
Hoxe falamos co navegante francés que aguantou 16 horas na auga logo de que o seu veleiro naufragara preto das illas Sisargas
Adiantamento perigoso dun camión
Evolucionan favorablemente os incendios de Arbo e Verín
Non chove e as reservas de agua da nosa comunidade seguen baixando
Ribadavia corta a auga da billa durante a noite
Cambados celebran a edición número 70 da súa Festa do Albariño
Xa hai reservas turísticas para o Nadal en Vigo
O tempo
Os mozos que participan na Peregrinación Europea da Xuventude seguen coa súa axenda de actividades en Santiago
Natalia Lacunza actúa esta noite na Coruña