CRTVG

Buscar

Telexornal Mediodía

Telexornal Mediodía

06/03/2020 14:30 h

Índice de contidos

00:03 Titulares
06:49 O número de contaxios continúa medrando e achégase aos 400 casos. Murcia, Ceuta e Melilla non rexistran, polo de agora, casos do COVID-19
07:08 Galicia segue con tres casos confirmados de coronavirus, un na Coruña e dous en Vigo
09:13 En España hai dous falecidos máis. Van 5 vítimas mortais do coronavirus
11:28 Do coronavirus están falando os ministros comunitarios de Sanidade
12:06 Os voos entre Roma e Santiago, medio baleiros
13:55 Os consumidores piden que o medo ao coronavírus se considere causa de forza maior para cancelar viaxes
15:30 A coordinación do Goberno para afrontar a crise no caso do coronavirus é esencial, segundo Rafael Bengoa
16:04 Unidas Podemos e ERC piden unha comisión de investigación ao rei Xoán Carlos
16:58 Hoxe, PSOE e Podemos pecharon filas e defenden o seu debate interno
18:38 O líder popular pídelle ao Goberno "que deixe de pelexar" porque na loita contra a violencia de xénero todos deben remar na mesma dirección
19:14 O PP difundiu un vídeo en que nove mulleres con cargos públicos se presentan e reivindican a igualdade
19:36 Simpatizantes e cargos populares, reivindican en Santiago o PPdeG como o partido da igualdade
20:52 Presentación da candidatura do BNG. Luis Bará encabeza a lista por Pontevedra
21:37 Gonzalo Caballero continuou a súa axenda na Arxentina cunha visita ao Centro Galicia de Bos Aires
22:17 O grupo popular rexeita que Feijóo compareza por Pemex e as supostas irregularidades de Emigración
22:48 A Xunta vai aprobar nos próximos días 5 millóns en axudas para a produción de furgonetas eléctricas, dixo Feijóo en París na xutanza con PSA
25:24 Os traballadores de PSA Citroën de Vigo vanse beneficiar dos bos resultados económicos da empresa
25:46 Entre os sindicatos hai preocupación pola falta de avances no estatuto da industria electrointensiva
27:02 Reforma do sistema de pensións. Os expertos piden un consenso rápido
28:09 Foro Económico de Galicia. Propostas para o reto demográfico
29:11 Máis emprego no sector alimentario do mar. As exportacións seguen crecendo en 2019
30:07 Na ría de Noia remite a toxina e os mariscadores xa poden volver ao traballo
30:49 A neve volve á montaña de Lugo e Ourense nun ano en que pouco se deixaron ver as folerpas
32:55 Simulacro de rescate na estación de Leitariegos
33:16 A DXT intensificará a vixilancia do uso do cinto e os sistemas de retención infantil
34:58 Un descoido puido ser a causa dun accidente en que quedaron feridas dúas persoas en Moaña
35:16 15 dos 16 detidos este mércores na operación antidroga da Coruña pasaron esta mañá a disposición xudicial
36:49 Localizado un laboratorio de fabricacion de perfumes e lentes falsas
37:58 O Porto de Vigo atrasará a reforma do paseo das Avenidas para non interferir no Seafest e no Marisquiño
39:07 Os veciños da Churruca, en Vigo, levan anos denunciando o vandalismo
40:18 Veciños da Guarda temen pola celebración das Mercedes porque a comunidade de montes quere facer unha plantación no campo da festa
41:29 Fraude fiscal. Piden 28 anos para Imanol Arias e Ana Duato
42:13 Entre o 18 e o 20 de xuño vai celebrar en Santiago O son do Camiño
44:01 As mulleres puideron entrar na Garda Civil no 1988: coñecemos a tenenta Marta Vilanova
45:30 O símbolo da muller máis grande do mundo está en Galicia
45:55 A raíña Sofía e os devotos do Cristo de Medinaceli este ano non lle bican os pés
46:17 O tempo
46:51 Mañá celébrase a gala dos premios Mestre Mateo
48:31 'Quen anda aí?' esta tarde
49:14 Titulares de saída

 

 

 

Atopar capítulo por: