CRTVG

Buscar

Mellor xuntos

Teixugo, Maumarela, Rexenerando e Icos

22/03/2017 11:45 h

O programa visita a parroquia de Chandebrito, pertencente ao municipio pontevedrés de Nigrán, para coñecer os socios de Teixugo. Nesta empresa traballan profesionais do campo da bioloxía, educación ambiental, maxisterio ou pedagoxía e teñen como obxectivo a concienciación das persoas nos conceptos do desenvolvemento sustentable e a conservación do medio ambiente e o patrimonio cultural, etnográfico e histórico. O programa tamén está en Ribadeo para falar cos compañeiros de Maumarela, unha cooperativa especializada en servizos educativos que engloba dentro da súa actuación eidos de benestar e cultura. Ademais, os reporteiros viaxan ata Ferrol para coñecer Rexenerando, unha empresa formada por especialistas en igualdade, servicios sociais, formación cultura e dinamización de grupos. O programa remata coa visita a Chantada, para amosarlle aos espectadores Icos, unha cooperativa agraria.0

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: