CRTVG

Buscar

Galicia 4.0

Tecnoloxía na industria química e estufas de pellets

03/02/2017 11:45 h

'”Galicia 4.0” segue achegándose ás empresas galegas que apostan pola innovación e a tecnoloxía, e que contribúen con innovadores produtos e servizos a que todos teñamos unha vida máis cómoda.

Nesta entrega, descubrimos como se fabrica o selante das latas de bebidas que se toman en todo o mundo. Unha química galega  deu coa fórmula que facilita un xesto que repetimos a cotío como beber un refresco.

Ademais, este tempo no que o frío aperta, Galicia 4.0. intérnase no proceso de fabricación e no funcionamento das estufas de pellets, que quentan moitos fogares. Para iso, o programa acompaña a Juan, un home que quere coñecer en profundidade os mecanismos que permiten producir calor dunha forma sostible

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: