CRTVG

Buscar

Zigzag Diario

Teatro: Fefa Noia, "Isto ferve", "Ultranoites" e "Carrachanacacha"

05/04/2013

María Solar conversa con Fefa Noia, directora da montaxe coa que o Centro Dramático Galego homenaxea a Roberto Vidal Bolaño, “Días sen Gloria”, unha das súas obras mestras.

O programa fai balance da décimo sétima edición dos Premios María Casares, que se entregaron a semana pasada nunha reivindicativa gala e que alzaron como grandes triunfadoras a compañía Voadora e a súa produción “Tokio 3”.

 Ademais, “ZigZag Diario” ocúpase de dous ciclos teatrais que durante as próximas semanas chegarán aos escenarios galegos: o festival de teatro e danza alternativas Isto Ferve, no Teatro Ensalle de Vigo; e o regreso das “Ultranoites” de Chévere, un formato de espectáculo inventado na Sala Nasa de Santiago hai 20 anos, con noites de improvisacións, risas e complicidade.
 

No teatro en cartel, o programa destaca o terceiro espectáculo do colectivo Carrachanacacha, “Cipriano de Bequelar, historia de amor e morte”, unha montaxe, escrita e dirixida por Leandro Lamas, que conta a patética historia dun poeta, dos seus amores e dos seus pesadelos.

Atopar capítulo por: