CRTVG

Buscar

Luar

Tamara, María del Monte e Katia Aveiro

29/11/2013 22:00 h

  As anécdotas máis curiosas e divertidas que xorden ao desenvolver a profesión de taxista é o fío condutor de "Luar" esta noite. Con este cometido, Xosé R. Gayoso e Lucía Regueiro reciben no estudio a Pedraquetiña, grupo do que é membro a taxista Susana, que lles ameniza cantando ás viaxes aos seus clientes, e a un taxista que viaxa cada 15 días a Suíza.

 No apartado musical, actúan a cantante andaluza de sevillanas e de copla María del Monte, a tamén sevillana Tamara, e a intérpreta pop Katia Aveiro, irmá do xogador de fútbol Cristiano Ronaldo.

 A música da terra está representada a través das intervencións do grupo Alaska Deluxe, da Banda de Música Xuvenil de Xinzo, do grupo etnográfico A Buxaina e de Abóbriga.

 "Luar" contará coas amais cos números humorísticos de Campos e Crespo e Os Sete Magníficos mais Un.  

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: