CRTVG

Buscar

Libro de familia

Capítulo 303: 'Tal día coma hoxe'

09/10/2019 12:58 h

Por fin parece que a paz chega entre Marcos e Telmo, pero o que semella ser unha boa nova para Laura e a fin dos seus problemas non é tal. Telmo non aparece por ningures, ata que o atopa na casa de Lupe. Que fai alí? Os celos cébanse na profesora.

María tras negar o seu embarazo, comparte a nova con Óscar, o que parece que volta achegar os dous mozos, mentres que Marcos e o resto da familia seguen alleos, de momento. Freire segue a atoparse mal, cada vez peor, pero faise o forte fronte a Deli e Armandiño. Vai traballar como se nada, pero hai cousas que non se poden agochar por moito tempo e un accidente obrigarao a terlle que contar a Tomás a verdade do seu mal.

 

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: