CRTVG

Buscar

Tal como somos

As artes escénicas

03/12/2022 20:00 h

O teatro e a danza son expresións artísticas que se remontan a moito tempo atrás e que nas últimas décadas parecían abocadas á insignificancia pola perda de interese do público coa chegada do cine primeiro, a televisión despois e máis recentemente as plataformas dixitais, á parte doutros moitos espectáculos e eventos que se levan a cabo hoxe en día nas cidades.

En Galicia son moitas as persoas que traballan para preservar estas modalidades artísticas, utilizando o noso idioma e mantendo vivas as nosas tradicións. O talento está máis que demostrado e con orzamentos moi axustados logran competir nun mercado nacional e internacional cada vez máis esixente.

As artes escénicas galegas resisten o empuxe da competencia e reforzan os piares para continuar presentando os seus proxectos ao público e para manter viva a cultura, o idioma e as tradicións da nosa terra.

Atopar capítulo por: