CRTVG

Buscar

TAC

Capítulo 7

23/10/2017 23:00 h

O asasino de Marcos xa ten nome. Trátase de Xabi, cirurxián no Francisco Balmis e parella ata hai moi pouco da doutora Muíños.
Ademais, os espectadores por fin coñecerán o como e o por que da morte do xerente do hospital máis famoso da TVG. Xabi non apertou ningún gatillo, tampouco lle subministrou ningún veleno ao seu compañeiro de traballo nin lle asestou golpe nin puñalada ningunha. O pecado de Xabi consistiu en omitir o deber de socorro, consciente da morte inminente e agónica de Marcos. O seu segredo converteuno nun asasino e nun traidor ao xuramento hipocrático, que obriga todo o persoal sanitario a asistir a quen o precise, en calquera lugar e momento e na medida do posible.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: