CRTVG

Buscar

Alalá

Taberna do Lorenzo

15/01/2008 22:05 h

Partimos do Barrio de San Paio, en Vigo, unha zona que antes era rural pero que, pouco a pouco, foi absorbida pola cidade. Aínda así, entre edificios e carreteras, quedan as pequenas hortas, a proximidade dos veciños coñecidos de toda a vida e lugares coma Taberna do Lorenzo, no que se mantén algo tan popular coma o costume de cantar cos amigos.

Unha tradición que vén de vello. De feito, todos recordan aquelas noites nas que músicos e grandes gaiteiros coma Moxenas ou Ricardo Portela, se xuntaban cos amigos no Pozo Negro.

Moitas daquelas tabernas pecharon pero na do Lorenzo seguen quedando para cantar e tocar, sobre todo instrumentos de percusión coma o charrasco, as culleres ou bombo que, ás veces acompañan coa gaita ou coa guitarra... Unha influenza que vén das rondallas, formacións que tiveron moitas presenza na zona de Pontevedra.

Atopar capítulo por: