CRTVG

Buscar

Desexos cumpridos

Superación e solidariedade, coa participación de Rubén Riós, Clara Montes e Teté Delgado

16/11/2013

Historias de superación e de solidariedade.

Así, o actor Rubén Riós, coñecido pola súa participación na serie “Libro de Familia” e en películas como “Pradolongo”, amosa a súa faceta máis solidaria e é sorprendido polos pais de dous nenos a quen axudou.

Ademais, Lucía Rodríguez presenta a historia dunha nena enferma de hipoglicemia, que recibirá un agasallo que vai mellorar a súa vida; e de Lola, que, despois de superar un cancro, acode a “Desexos Cumpridos” para que o programa a axude a montar a súa empresa. Todo isto vai acompañado da música de Clara Montes e de Teté Delgado.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: