CRTVG

Buscar

Como galegos!

Sula Repani, Abdoulaye Bilal Traoré e Zuzana e Ramiro

19/03/2016 11:30 h

A primeira parada deste sábado levará o programa a Tamallancos, na provincia de Ourense, fogar desde hai máis de 20 anos da grega Sula Repani, unha artista que xa apuntaba maneiras de cativa, cando era coñecida como “a pintora”. Deste universo pictórico o programa marchará ao planeta das verbas de Abdoulaye Bilal Traoré, o gran trobador do Atlántico. Naceu no Senegal, pero xa foi rebautizado como “o novo poeta de Vilanova de Arousa”.
O espazo da TVG rematará o cóctel con Zuzana e Ramiro, unha parella que deixou Londres para montar unha boa esmorga na nosa terra. A súa elección foi do máis acertada, xa que Pazos de Arenteiro é a fermosísima vila que deu vida na gran pantalla á novela de Blanco Amor

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: