CRTVG

Buscar

Galegos no mundo

Stuttgart

02/12/2013 22:30 h

Moncho Seage, un ferrolán de 38 anos que traballa no servizo de correos, será o guía da primeira ruta, que terá como destino o Castelo Hohenzollern. Stuttgart non ten xa segredos para este carteiro que chegou a Alemaña polo seu doutoramento sobre morcegos galegos e pola súa muller. Pola súa parte, Javier Paz, estudante coruñés de Enxeñería, amosaralle ao equipo do programa algunhas curiosidades arquitectónicas e ensinaralles un dos mellores lugares para tomar unha cervexa.

  Outros destinos da noite serán os museos da Mercedes e da Porsche, dous dos sitios preferidos por Juan Nogueira,  un enxeñeiro que leva doce anos na cidade, e que sabe onde comer os mellores pementos de Padrón e o mellor polbo á feira de toda Alemaña. 

Ademais, a 40 quilómetros da capital espera Chus Bello, unha compostelá que dá clase na universidade de Tubingen, unha vila medieval por onde pasa o camiño de Santiago. Finalmente, Katy Esperon, enxeñeira e enóloga de Vilagarcía de Arousa, proporá unha visita ás termas de auga de carbono  e aos viñedos da adega en que atopou traballo hai ano e medio.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: