CRTVG

Buscar

Especial

Son galego, son cubano

27/11/2016 23:55 h

No cabodano de Xosé Neira Vilas, a TVG ofrece o concerto no que Roi Casal presentou en Compostela os temas do seu disco 'Son galego, son cubano', unha homenaxe ao escritor de Vila de Cruces, autor de boa parte das letras.

O disco “Son galego, son cubano” é froito dun esforzo conxunto entre Roi Casal e Neira Vilas. Gravouse na Habana en marzo deste ano e estreouse dous meses despois no Gran Teatro da capital cubana. Conta con letras orixinais de Xosé Neira Vilas, no que foi un dos últimos proxectos nos que traballou. O resultado foi un libro-CD que inclúe colaboracións con músicos como Pablo Milanés, Laritza Bacallao e Nando Casal, pai de Roi, que interpreta xunto ao seu fillo “Rumbo a Habana!”.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: