CRTVG

Buscar

Larpeiros

Somos fans das vacas

12/06/2018 22:15 h

Os “Larpeiros” conversan sobre a que animal lles están máis agradecidos. Para os protagonistas do programa, as vacas galegas son unha bendición, xa que levan centos de anos quitando moita fame e servindo de sustento para milleiros de galegos, que ademais teñen a sorte de contar con cinco razas autóctonas que son a envexa de gandeiros de todo o mundo. 
Benigno Campos é un fan declarado da carne de tenreira e ten pensado preparar "guiso de carne con pasta e champiñóns". En lugar de poñer os clásicos fideos, o cociñeiro acompaña a carne con pasta en forma de caracois.
Ferreira de Pantón é o destino de Adrián, o “larpeiro” máis viaxeiro, que, da man de Xosé, coñece unhas vacas que viven coma raíñas e que non entran na corte nin para ser muxidas. Xosé ten unha sala móbil e moxe as súas vacas no mesmo prado onde se atopan pastando. Adrián ten que traballar como un auténtico gandeiro se quere levarlles aos seus compañeiros un leite á altura da ocasión.
Todo este esforzo ten a súa recompensa cando volva á casa dos “Larpeiros”, xa que alí Adrián atopa unha sorpresa en forma doce: unhas croquetas de chocolate coas que Leni e Celia Cabrera, a cociñeira convidada desta semana, sorprenden os comensais.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: