CRTVG

Buscar

Caderno de bitácora

Programa 1: Socorro Cacabelos 'Meis', un universo emocional nas pequenas cunchas

27/03/2021 20:00 h

Os colares feitos polas mulleres do Grove singularizan este porto como ningún outro está singularizado na costa galega, a través dunha arte moi especial, na que Socorro Cacabelos Meis é unha das súa mestras, empezando moi nena a desenvolver esta arte. E para axudarnos a coñecer a arte de Meis imos falar coa súa filla, herdeira da súa habilidade e intelixencia coa maxia das cunchas, Montse Betanzos. E con Pepita Prol, sabia colareira da vella escola, que coñece todos os segredos do oficio, e viviu épocas moi distintas para esta arte. E coas dúas imos organizar a homenaxe a Meis, con seus amigos e familia.

Atopar capítulo por: