Foro Aberto
Situación do Celta e do Deportivo
Nova edición de “Foro aberto” dedicado aos temas deportivos máis relevantes da semana falando dos dous equipos galegos que xogan na 1ª división: Celta e Deportivo. Coa presenza de Manolo Canabal, analista de fútbol da TVG; Antonio Estévez, xornalista deportivo da Cadena Cope Vigo e Alberto Torres, do xornal Deporte Campeón analizarán polo miúdo estes dous equipos, os seus xogadores claves e o papel dos adestradores, entre outras cuestións.
O segundo tema atinxe ao balonmán. O equipo do Cangas non pertence á Liga Asobal e os seus rivais están dispostos a non presentarse nos partidos da segunda volta cando se midan cos do Morrazo. Nesta parte do programa sentaranse na mesa de “Foro Aberto” Manolo Camiña, presidente do CB Cangas; e os xornalistas Antonio Estévez e Chicho Moldes.