CRTVG

Buscar

O gato con botas

Silvia Jato

02/01/2018 23:45 h

Aínda que é natural de Lugo, Silvia Jato pasa parte da súa infancia na cidade de Málaga,  á que sempre quedou especialmente unida. 
Filla dunha ex-modelo e dun adestrador de baloncesto, a lucense nunca pensou en dedicarse á mundo televisivo; de feito, estudou a carreira de Económicas con moi boas notas. Desde que foi elixida Miss Lugo ata o día de hoxe, Silvia acumula máis de 25 anos de experiencia como modelo e presentadora de televisión. 
Disciplinada, meticulosa, traballadora incansable e sempre cun sorriso na cara, Silvia compaxina a estresante vida da tele co coidado dous seu tres fillos. E para demostrar que é unha boa ama de casa, ármase de mandil e disponse a cociñar, outra da súas grandes paixóns.
Manuel Manquiña mantén con ela unha charla relaxada e distendida, que nos ofrece unha faciana íntima e persoal, no sitios favoritos de Silvia Jato en Compostela, con almorzo no café Derby e paseo pola zona vella.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: