CRTVG

Buscar

Luar

Shaila Dúrcal, Ana Moura e A Banda da Loba

09/03/2018 22:00 h

“Luar” recibe a cantante Shaila Dúrcal, que está a promover en España o seu sinxelo “Que importa”; a fadista portuguesa Ana Moura; e A Banda da Loba, quinteto feminino compostelán que debuta co disco “Bailando as rúas”. Nel, letras de célebres plumas da literatura galega, como Celso Emilio Ferreiro e Manuel María, de autoras contemporáneas como Celia Parra ou Rosalía Fernández Rial ou das propias integrantes do grupo alíanse con ritmos tan variados coma o rock, o pop, o country e o blues nun disco integramente en galego.

Desde Asturia chega o grupo Muyeres, que reivindica a variada música de percusión do Principado e o papel da muller como protagonista e depositaria da tradición musical asturiana.

Tamén actúan a Banda de Música Cultural de Salceda xunto a Suso Vaamonde, a orquestra Marbella, a agrupación cántabra Rabelistas Campurrianos e o gañador da última edición do concurso “Recantos”, Antonio Barros.

Volve o certame “Vai de Baile”, que durante as vindeiras semanas buscará a mellor parella de baile tradicional de Galicia. O gaiteiro Cristian Silva, o músico e coreógrafo Xisco e Montse Rivera, integrante do grupo Leilía, forman o xurado dun concurso que ao final da temporada lle outorgará 2.000 € á parella gañadora e 1.000 á subcampioa.

En “Recantos”, compiten José Barrán, de Galicia Centro, e Cristina Cimadevila, de Terras de Pontevedra.

 

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: