CRTVG

Buscar

Luar

Sergio Dalma, Yurena, The Lákazans e Cuarta Xusta

13/04/2018 22:00 h

Sergio Dalma visita Luar tras publicar a terceira entrega de “Vía Dalma”, a saga de discos de versións de clásicos italianos que se converteron en supervendas. Dalma interpreta cancións míticas como “Este amor no se toca” e “Será porque te amo”.

Outra artista convidada é Yurena, que estrea o sinxelo “Please don´t go” como arranque dunha nova era. Con este tema melódico, que lembra o estilo musical dos 80, a cantante continúa a apostar pola música de baile.

“Luar” ofrece as actuacións de The Lákazans, que están de volta despois de dous anos cun novo traballo, “Sandwina”; e da banda de rock melidense Cuarta Xusta, que incorpora o violín no medio de guitarras, baixo e batería.

O cartel de actuacións complétase con Os Campantes da Baña, que, como se dunha murga de comezos do século XX se tratase, interpreta melodías recollidas por toda Galicia; a orquestra Palladium, a Agrupación Folclórica AbiñadoiraManteos y Monteras, unha formación folclórica zamorana.

No tempo de “Recantos”, que afronta a súa última fase antes das semifinais e a final, compiten Borja Fuentes, procedente da Terra Chá, e Cristina Cimadevila, representante da comarca Terras de Pontevedra. No concurso “Vai de Baile” é a quenda dos Ramilos do Roupeiros e das Avelaíñas de Lugo.

 

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: