Sen fronteiras
Póvoa de Varzim / Pobra do Brollón
06/03/2021 20:15 h
Da man dos nosos presentadores achegarémonos ás belezas e curiosidades de dúas localidades importantes e repletas de historia e tradicións. Coñeceremos os murais de Póvoa de Varzim e aprenderemos sobre o escritor Eça de Queiroz. Visitaremos unha aldea recuperada para o turismo rural e meterémonos na pel do Oso de Salceda en Pobra do Brollón.