CRTVG

Buscar

Casamos!

Selene e Enrique

19/07/2016

Selene e Enrique coñecéronse hai nove anos. Sendo moi noviños decidiron comezar unha vida en común, pero a falta de compromiso e de madurez do noivo puxo en perigo a súa relación.

Despois de superar todas as dificultades e máis unidos ca nunca, decidiron seren pais. Froito do seu amor naceu Noa, pero unha enfermidade da pequena fíxolles pasar os peores días das súas vidas.

Agora están convencidos de que chegou o momento de comezar de cero e, a pesar das dificultades económicas, están a preparar unha cerimonia do máis especial. As bágoas de emoción e ledicia están garantidas nun dos días máis especiais da vida de Selene e Enrique.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: