Vivir aquí
Segunda oportunidade
14/04/2013 15:30 h
Programa dedicado ás segundas oportunidades que lles damos os obxectos que nos rodean: a roupa, os coches, os tapóns de plástico, os mobles, etc.
Trátase dunha segunda vida en que se produce o milagre e, así, os tapóns de plástico das botellas convértense en axudas imprescindibles, como o andador que necesitaba Carlos, un pequeno con parálise cerebral de Salvaterra do Miño.
Outras veces os obxectos de todos os días soben de status e reaparecen como valiosas antigüidades ou como roupa de estilo ou, simplemente, como oportunidades de prezo.