CRTVG

Buscar

Se as vacas falaran

Se as vacas falaran (18/09/2012)

18/09/2012 22:30 h

 Na estrea desta noite, o programa visita Arzúa, vila coa maior proporción de vacas por habitante, para contactar con José de Pita, que amosa como facían as cousas os homes de antes.

    “Se as vacas falaran” vai despois a Monterroso para coñecer as particularidades da Granxa Maruxa, dirixida por Marta Álvarez, que deu o xiro da súa vida ao pasar de ser “broker” en Londres a granxeira e que envolve as súas vacas nun ambiente de auténtico “balneario”.

    A última etapa do percorrido leva os espectadores ata Chantada, onde hai grandes explotacións gandeiras, como a de Águeda Capón, unha campioa que con só 17 anos xa ostenta o título de mellor manexadora de becerros de Europa e do Canadá.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: