CRTVG

Buscar

Saudade de ti

Capítulo 118

11/09/2023 22:45 h

A pesar de que Celia trata de manter oculta a súa decisión de marchar de Abrente, Álex non tarda en descubrir o seu segredo. Ela ten claro que antes de irse Celia debe falar con Santi, porque a noticia lle vai romper o corazón ao enfermeiro. Aínda que, en realidade, este parece que vai estar moi ocupado compoñendo un arrolo para o bebé de Mónica. Lucho comenta as súas intencións de pedirlle matrimonio a Elba. Noa e Dimas están encantados coa idea, pero se cadra Teresa non é da mesma opinión. Brais quérelle demostrar a Noa que iso de que Álex teña como amante un rico empresario de Abrente é outra trola. Ata Gaspar lle dá a razón, pois que home maduro, casado e con cartos, poría en risco a súa posición social por unha rapaza medio tola?

Atopar capítulo por: