CRTVG

Buscar

Saudade de ti

Capítulo 25

08/08/2022 22:40 h

A decisión de Isidro parece non ter volta de folla, pero a súa familia vai facer o posible para evitar que marche definitivamente. Celia trata de contactar coa neuróloga. Olga ocultaba moitas máis cousas do que parecía. Santi ten unha preocupación moi distinta: quizais non foi boa idea volver coa súa exmuller. Dimas agarda ansioso o resultado da súa entrevista de traballo.

Cada minuto que pasa é máis complicado ocultarlle o seu despedimento a Teresa. Chegou o día do lanzamento da tenda de venda en liña de Porto de Abrente. Un único erro podería botar por terra o proxecto e acabar coa reputación da empresa.

Atopar capítulo por: