CRTVG

Buscar

Zigzag Diario

Santiago Lopo / Pedro Costa / Ignacio Vilar

17/11/2014 21:00 h

   O "ZigZag Diario" ten como convidado no estudio o escritor, profesor e tradutor vigués Santiago Lopo, gañador do VIII Premio de Narrativa Breve de Repsol con "A diagonal dos tolos", obra que aborda os límites do ser humano no marco dunha carreira de resistencia ambientada na Illa Reunión. A novela narra a historia de dúas persoas afastadas cronoloxicamente, abondando en cuestións como os conflitos poscoloniais ou as problemáticas individuais fronte a unha débeda histórica.

  O programa recolle unha conversa co director portugués Pedro Costa, que, despois de cinco anos sen estrear ningunha longametraxe, volve ao barrio lisboeta de Fontaíñas con "Cavalo Dinheiro", unha revisión da Revolución dos Cravos. A película, que xa se puido ver no Festival de Cine Europeo de Sevilla, estréase en Cineuropa.

 Ignacio Vilar fala de A Esmorga que chega aos cines galegos logo da súa estrea no Festival de Ourense.

Atopar capítulo por: