CRTVG

Buscar

Grandes lugares

Santa María de Arcos, Parada e A Magdalena

01/11/2017 23:30 h

A Igrexa da Magdalena foi nexo de unión no pasado do que hoxe se coñece como barrio xudeu de Ribadavia. Unha antiga parroquia que convive coa vila dun xeito activo, pero que non perdeu a súa esencia nin o seu contacto coa terra. Un gran lugar con produtos estrela que dan a volta ao mundo. Comprobarase que a industria fúnebre foi potencia neste gran lugar, probaranse uns doces hebreos únicos e coñecerase cal é o truco dos veciños para gañar en saúde e en calidade de vida.   O programa chegará, amais, a Santa María de Arcos, unha parroquia do concello lucense de Chantada, un lugar con pasado nobiliario que aínda conserva restos de grandeza. O pazo da Elfe é un bo testemuño. Un dos símbolos de Arcos foi o balneario de Mouriscados. 
Por último, Parada é un gran lugar da parroquia de Santa María de Perdecanai, pertencente ao  concello de Barro. Un gran lugar onde cortan traxes a ollo e tocan de oído.  Alí, os espectadores aprenderán a traballar na forxa, a palillar e a interpretar algún que outro instrumento.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: