CRTVG

Buscar

Grandes lugares

San Xusto, Fontaneira e O Cantiño

24/09/2017 23:15 h

A aldea de San Xusto está situada na comarca do Ribeiro e pertence ao concello ourensán de Avión. É unha pequena comunidade do máis internacional. É terra de emigrantes, e tamén de campións. Hai apenas medio século, aquí a xente vivía do minifundio e da gandería extensiva. Nesta terra están as agrupacións de hórreos máis grandes de Galicia.
O lugar da Fontaneira, en Baleira, está a mil metros de altura e por alí pasa o Camiño Primitivo. A súa igrexa, a de Santiago, foi no pasado capela e albergue de peregrinos. Son os camiñantes os que enchen de vida esta parroquia de 17 casas e 12  veciños. Durante a visita, os espectadores coñecerán a casa de Manola, que serve de cuartel para o club da calceta.
Finalmente, O Cantiño é un gran lugar da Illa de Arousa, na provincia de Pontevedra. Neste gran lugar sazonan con néboda, miden en brazas, bailan os domingos e todos os veciños dan a talla. As fortes mareas fan desta faixa de mar unha das mellores zonas de marisqueo da ría. 

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: