CRTVG

Buscar

Grandes lugares

San Xurxo, Oural e Doroña

03/02/2019 23:30 h

O programa viaxará a San Xurxo. Unha parroquia do concello coruñés de Moeche. Dúas asociación de veciños conviven en harmonía neste gran lugar cun obxectivo común: a defensa dun castelo. Este é terra de tradicións e de rica marmelada. Tamén visitará Oural - Camporrapado, un gran lugar do concello coruñés de Boqueixón situado na comarca de Santiago de Compostela. Os seus veciños son de costumes. Disciplinados e puntuais. Son tan rigorosos no traballo como na partida. E rematará o seu periplo na Comarca de Betanzos, para coñecer os habitantes de Santa María de Doroña, unha acolledora parroquia do concello coruñés de Vilarmaior. Un gran lugar que presume de patrimonio relixioso e etnográfico.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: