CRTVG

Buscar

Especial

San Xoán 2016

23/06/2016 22:00 h

Desde a cidade herculina, Lucía Rodríguez conectará con distintos lugares onde o San Xoán tamén se celebra por todo o alto.
Un dos destinos será A Piringalla, en Lugo, onde Belén Martínez falará cos veciños do barrio e verá como, no canto das populares sardiñas, preparan máis de 3.000 racións de becerro asado para darlle a benvida ao verán.
O programa tamén conectará en directo con Vilaxoán, en Vilagarcía de Arousa. Desde a praia do Preguntoiro, Juan Fuentes retransmitirá o Desembarco da Sardiña e falará con algúns membros da Asociación de Veciños de Vilaxoán, cos mariñeiros encargados de portar a sardiña e con visitantes e curiosos que estean vendo o espectáculo.
En Botos (Lalín), María Blanco estará ao pé dos postos onde se despacha a gran cea que hai hoxe na parroquia. 
Xa que o equipo da Galega estará instalado na Coruña, non podían faltar as conexións coa praia de Riazor, o punto neurálxico da festa. 
O “Especial San Xoán” que esta noite emite a TVG fará un repaso por outras celebracións que tamén son moi destacables. Así, o programa verá o castelo que levantan na parroquia de Santa María, en Arzúa; presenciará os preparativos da área fluvial de Berres, na Estrada; achegarase ata a localidade mariñeira de Poio; coñecerá unha das festas máis representativas das Rías Baixas: a de Panxón, en Nigrán, e viaxará ata a cidade portuguesa do Porto, que festexa o seu patrón, São João.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: