CRTVG

Buscar

Aquí hai praia

Samil, Riazor e Ornanda

09/07/2017 23:45 h

O programa estrea temporada con tres das praias máis senlleiras de Galicia, repletas de bañistas, actividades e frecuentadas por turistas de todas partes do mundo. Unha delas é Samil, en Vigo, praia resgardada, o que favorece a práctica do baño e que sexa visitada por familias que queren gozar dunha xornada tranquila. Este grande areal destaca pola súa gran lonxitude e polo paseo marítimo que o bordea. 

A praia de Riazor da Coruña é un dos areais de ámbito urbano máis frecuentados da cidade, pola súa situación ao pé do paseo marítimo, polo seu emprazamento céntrico e polo seu ambiente familiar e cómodo. Os seus asiduos destacan que é unha praia óptima para visitar durante todo o ano, así como para aproveitar a recibir os familiares que están fóra e practicar calquera tipo de deporte.

A praia de Ornanda de Porto do Son, coñecida popularmente como a “praia das Gaivotas”, e posiblemente a máis concorrida do concello pola súa proximidade á vila de Noia e tamén unha das praias máis próximas a Santiago de Compostela. Ideal para o baño pola tranquilidade das súas augas, ofrece tamén a posibilidade de xogar a múltiples deportes de praia. 

Atopar capítulo por: