CRTVG

Buscar

Xente marabillosa

Saúde mental: Con Chelo García Cortés e Paco Lodeiro

07/05/2023 22:45 h

O 'Xente marabillosa' de hoxe xira arredor dos prexuízos que sofren as persoas con problemas de saúde mental cando intentan incorporarse á vida diaria. A temática vén acompañada de dúas cámaras ocultas que recrean a discriminación que enfronta un rapaz con esquizofrenia cando unha clienta da froitería na que traballa protesta pola súa condición e négase a ser atendida. Haberá galegos marabillosos que saian na súa defensa?

Atopar capítulo por: