CRTVG

Buscar

A tropa de trapo

Ruidos extraños

03/07/2019 11:27 h

"A Tropa de Trapo" é un grupo de personaxes irresistibles que viven xuntos nunha fermosa árbore no medio das montañas onde disfrutan cada día dunha nova aventura. Trátase de Mumu, a vaca de cuadriños azuis, Milo, o osiño de lá verde, Talao o paxariño con raias de cores, Olga a porquiña rosa co seu estampado de flores, Alfred o canciño vestido de tweed para o té e Rita, a xirafa amarela con lunares amarelos. Son un grupo de mascotas entrañables, seis bós amigos que divertirán e estimularán aos máis pequenos, que lles farán compartir os seus divertidos descubrimentos á vez que contribuirán a desenvolver a súa personalidade, tratando de inculcarlles a toma de conciencia da propia identidade e de como se pode crear un bo equipo combinando as diferentes habilidades dos que nos rodean. Resulta fantástico ser un mesmo!

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: