CRTVG

Buscar

Galegos

Roxelio Groba

28/06/2014 20:30 h

A serie documental “Galegos”, baseada nas olladas reflexivas de galegos sobranceiros sobre a súa vida, a súa obra e o seu tempo, terá esta semana como protagonista o compositor Roxelio Groba.

De neno, só o amansaba a música. Comezou tocando o pícolo na banda da súa parroquia, Guliáns, e deixa compostas máis de 600 obras musicais. Groba di que na súa música está a súa vida e que cando está compoñendo conscientemente non existe, é un simple instrumento ao servizo da música. 

O compositor ponteareán considera que a música é a arte máis directa porque apela directamente á sensibilidade e afirma que a cultura musical dun pobo só se pode incrementar oíndo moita música.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: