CRTVG

Buscar

Zigzag Diario

Rosendo Cid / Carlos Maciá / Isabel Somoza

10/02/2015 21:00 h

 “ZigZag Diario” conta coa presenza do artista ourensán Rosendo Cid, cuxa obra parte dunha reflexión sobre os significados e as súas interpretacións a través de diferentes disciplinas como a escultura, a fotografía, o colaxe, o debuxo ou a literatura. Cid está a presentar o libro “365 maneras de estar en el mundo”, onde, oscilando constantemente entre o reflexivo e o anecdótico, fai uso do debuxo para amosarlle ao público lector a existencia de diversos xeitos de entender o mundo e de situarse nel desde unha perspectiva sempre crítica.

  O espazo da tvG2 tamén fala do artista lucense Carlos Maciá, que vive e traballa en Madrid e que conta cunha instalación no Espazo Anexo do Marco de Vigo. Baixo o título “249 litros”, o seu traballo pasa en ocasións a desenvolverse sobre os muros do espazo expositivo, rebasando así o soporte bidimensional e establecendo un diálogo coa arquitectura, que envolve o espectador.

  Ademais, o programa desprázase ata Lugo para coñecer o obradoiro de gravado de Isabel Somoza, que denomina “Aguatinta”. A artista non só busca alí o seu refuxio creativo para os seus traballos feitos en linóleo, fotogravado, pirogravado ou augaforte, senón que tamén imparte cursos e conta cun espazo expositivo. 

Atopar capítulo por: