CRTVG

Buscar

Zigzag Diario

Rosario Martínez, Susana de Lorenzo e Eli Ríos

02/10/2017 16:30 h

“Zigzag” recibe a visita da historiadora Rosario Martínez e da musicóloga e soprano Susana de Lorenzo, que presentan un libro-disco sobre Eugenia Osterberger, unha das protagonistas da escena musical galega de fins do século XIX e de comezos do XX. A obra está editada por Ouvirmos e quere rescatar a figura dunha muller esquecida e clave para entender a construción da cultura galega moderna.

A escritora Eli Ríos fala da súa novela “Luns”, gañadora do Premio Torrente Ballester, un duro retrato da vida dunha muller enferma de cancro. A súa prosa debuxa unha loita frenética e visceral contra o avance inexorable da morte. Nesta tensión, a protagonista revisa non só as razóns da súa existencia, senón tamén a súa condición de muller.

Ademais, o espazo da tvG2 entra na última exposición da pintora coruñesa Lara Pintos, “(Des)habitar”, unha serie de traballos pictóricos en que a autora explora a realidade cotiá do fogar e a través da que propón unha reflexión arredor dos espazos e o xeito de habitalos.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: