CRTVG

Buscar

O gato con botas

Rosa Cedrón

07/07/2016

Logo dun longo silencio, Rosa Cedrón ten novo disco: Nada que perder, segundo traballo en solitario da que fora voz de Luar na Lubre. Manuel Manquiña visitaraa na súa casa e compartira un día con ela, para repasar a súa destacada carreira musical.

Violoncellista de recoñecido prestixio, Rosa Cedrón falará da súa infancia, marcada pola música e polo seu inseparable chelo, nunha xornada en que tamén intervirá ao violín o seu irmán, co que convive.

A artista analizará a súa andaina en solitario e lembrará tamén como foron as súas colaboracións con artistas como Paco Lodero, Sito Sedes ou Cristina Pato e, por suposto, o que foi o seu momento estelar con Mike Oldfield. Manquiña paseará con ela pola praia de Santa Cristina, onde se celebrará o histórico concerto ao que milleiros de persoas se achegaron para ver o instrumentista e compositor británico acompañado pola potente voz da galega.

“O Gato con Botas” achegarase, por outra parte, ao estudo de gravación de Cedrón para coñecer de primeira man o seu traballo máis recente.

 

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: