CRTVG

Buscar

Especial

Romaría da Nosa Señora da Lanzada 2018

28/08/2018 23:45 h

A última fin de semana de agosto celebran na Lanzada a romaría na honra da súa Virxe. A tradición di que esa noite, xunto coa de san Xoán, saltar nove ondas na praia favorece a fertilidade. Son moitos os devotos que se achegan a facerlle ofrendas á Virxe e seguir o ritual de varrer tras o altar tres veces para acabar co mal de ollo.
Milleiros de persoas de toda Galicia e de fóra achéganse ata a Ermida de Nosa Señora da Lanzada para asistir ás misas, cumprir os rituais e, posteriormente, gozar dun xantar ao carón da capela ou mesmo na praia.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: