CRTVG

Buscar

O caderno de Isabel

Rolo de bonito estilo Burela e congo

06/11/2018 23:00 h

Isabel visita Burela, o concello máis pequeno de Galicia, pero non o seu porto. Conta cunha das lonxas máis activas, que recibe pescada durante todo o ano, e é o porto de referencia para o bonito do norte nos meses de temporada. 

Isabel cociña o bonito en rolo, nas mans de quen antigamente os capturaba. O mar trouxo a Burela un importante colectivo de caboverdianos e a súa gastronomía non podía faltar nesta entrega do programa, en que se prepara congo. Para todo isto, Isabel cruza Galicia no seu pintoresco coche, ao que vai subindo diferentes veciños desta vila mariñeira. Finalmente, todos eles son convidados a degustar os pratos elaborados durante o programa na gran xuntanza final.

Momentos como cargar un enorme bonito do norte no coche, bailar ao ritmo caboverdiano ou ter unha réplica do famoso torques atopado no Chan do Castro fan deste un formato televisivo gastronómico diferente.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: