Quérote tanto
Rodrigo, Estrella e Lino
27/11/2017 23:45 h
Lucía Pérez desprazarase ata A Estrada para coñecer a historia de Rodrigo Sanjurjo Pose, profesor de educación física pero que grazas a el o bádminton galego ten un lugar preferente no deporte galego.
Na sección de “O Recuncho de Quérote tanto”, Arantxa Treus ábrelle as portas á historia de Antía que quere agradecerlle á súa nai que estivera con ela no momento máis importante da súa vida. E, o espazo tamén terá a historia de Esther, a directora da Cociña Económica de Santiago, que quere agradecerlle a Lino a súa entrega e xenerosidade coma voluntario.