CRTVG

Buscar

Larpeiros

Rodaballo con arroz e algas e pastel de cereixas con queixo do Cebreiro

26/07/2016

Os Larpeiros da comezan o programa cunha conversa animada sobre a maternidade e os primeiros días de crianza dun cativo. Falan de tradicións, non tan antigas, coma a de regalarlle á nai unha galiña para facer un bo caldo, unha libra de chocolate, galletas e unha botella de Sansón.

Para cumprir o antollo de Merchi de comer pescado ao forno, don Benigno propón cociñar rodaballo desta maneira e acompañalo con arroz con algas, alimento que lle dá un sabor agradable ás comidas e que debe empregarse en pequenas cantidades. Para conseguir as algas, Adrián terá que achegarse ata Esteiro, á beira da ría de Muros, onde se reunirá con Fermín para recoller este ingrediente. Desta volta, o larpeiro viaxeiro terá que mergullarse e percorrer as rochas para atopar as prezadas algas e poder completar o menú dos larpeiros.

Para rematar o banquete e aproveitando a tempada de cereixas, Merchi e Leni prepararán pastel de cereixas con queixo do Cebreiro para deixarlle bo sabor de boca a todos os comensais.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: