CRTVG

Buscar

Na nosa nube

Roberto Rodríguez /Festa da castaña de Froxán / Urbano do Courel / O gaiteiro do Piñeiro

07/12/2014 17:00 h

Os espectadores do programa “Na Nosa Nube” coñecerán este domingo o home máis forzudo de España: o vigués Roberto Rodríguez. El foi este ano o campión da Liga nacional de forza. Un home capaz de arrastrar 16 toneladas, de elevar un artefacto de 120 quilos por enriba da súa cabeza ou capaz de aguantar 57 segundos sostendo unha barra de 20 quilos de peso. 

Por outro lado, o espazo da TVG recreará no estudio a pisa da castaña, con algúns dos pisadores veteranos que participan cada ano na festa da castaña de Froxán, en Folgoso do Courel. Tamén contará coa presenza de Urbano Arza, máis coñecido como Urbano do Courel, creador dun incrible museo da madeira ao que el chama Madeiroteca Máxica e Poética. E, para completar esta viaxe polo Courel no outono subirán “Na Nosa Nube” unhas emprendedoras que fan doces tradicionais do Courel con castañas da zona. 

Outro dos protagonistas do programa desta semana será un gaiteiro mítico, José Fernández, o gaiteiro do Piñeiro, un home simpático e cheo de enerxía que, ademais de ter sona pola súa habilidade como músico, recolleu a testemuña familiar das distintas tradicións musicais do Morrazo, como o entroido do Hío e a Danza e os Reis de Aldán. 

Ademais, “Na Nosa Nube” coñecerá os promotores dunha teoría que afirma que Colón era galego e a un cura agricultor moi querido por todos os seus veciños de Sarria. A música virá da man da artista Guadi Galego, que presentará no programa o seu novo traballo: “Lúas de outubro e agosto”, un disco no que conta coas colaboracións de Santi Cribeiro e Pablo Pascual. 

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: