CRTVG

Buscar

Bamboleo

Ricky Furiati, Sonia Lebedynski e Astarot

10/06/2017 22:00 h

O cantante Ricky Furiati volve a “Bamboleo” para presentar o seu novo album, “Invencible”. O venezolano, asentado no arquipélago canario, mestura pop rock con ritmos latinos, bases bailables e elementos da música urbana. En directo, interpreta os temas “Quédate” e “Fiesta en tu corazón”.

Tamén actúan a cantautora barbancesa Sonia Lebedynski, que presenta o seu primeiro disco en solitario, “Deserto de centos”, o grupo cangués de rock Astarot e a orquestra Alaska.

Na sección “A Jrileira”, enfróntanse ao karaoke Nerea e Mari; mentres que “Agora ou Nunca”, as participantes Carolina Martínez e Paula Meda amosan os seus dotes artísticos interpretando“No puedo vivir sin ti” de Los Ronaldos e “Soldadito marinero” de Fito y los Fitipaldis, respectivamente. 

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: